Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 13.Diciembre.2018


Alan Svaiter, novo CEO de Votorantim Cimentos España

enviar a un amigo

O brasileiro Alan Svaiter foi nomeado novo CEO de Votorantim Cimentos en España en substitución de Jorge Wagner. Svaiter incorporouse ao grupo Votorantim no ano 2008. Tras dirixir durante dous anos a área de loxística da división de cementos foi nomeado director de Engemix, o negocio de formigón en Brasil. En 2014 pasou a ser director da cadea de subministración do grupo cementeiro para todo o mercado brasileiro.

Alan Svaiter, enxeñeiro de produción pola Universidade Pontificia de Río de Janeiro e máster pola escola de negocios INSEAD, comezou a súa carreira profesional na área de loxística, na empresa cervexeira Ambev. Tras permanecer seis anos nesta compañía pasou a Vale, unha das empresas mineiras máis grande do mundo, onde estivo cinco anos ata que deu o salto a Votoramtim Cimentos.

O responsable de Votorantim Cimentos España fixou a súa residencia familiar en España para dirixir o negocio. O seu predecesor, Jorge Wagner, foi designado CEO de Votorantim Cimentos Europa, Asia e África.

O novo CEO é o máximo responsable do negocio das catro fábricas de cemento, dous moendas, 29 plantas de formigón, oito explotacións de áridos e unha planta de morteiro. Así mesmo, dirixe un equipo de máis de 500 persoas.

10/09/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Pizarras de León, S.A. - PILESA
Pizarras de León, S.A. - PILESA
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web