Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 11.Diciembre.2018


A nova lei que regula a actividade mineira en Galicia permitirá que o sector medre un 23% e xere mái

enviar a un amigo
  • Así se puxo de manifesto na xornada técnica “Perspectivas de futuro para o sector mineiro”, promovida hoxe en Ourense polo Clúster da Pizarra, o Clúster do Granito, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e a Asociación Galega de Áridos
  • Expertos procedentes do eido académico e alcaldes de municipios mineiros coincidiron en destacar que a nova norma promoverá a dinamización dun ámbito de actividade moi relevante para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia
  • O foro foi inaugurado polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e polo director Xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, quen sinalou que a Lei de Implantación Empresarial en Galicia favorecerá o desenvolvemento dunha minaría máis sustentable na Comunidade 

Ourense, 25 de outubro de 2017.

Na actualidade, a minaría achega un 1,05% do Produto Interior Bruto (PIB) galego e xera máis de 5.000 empregos directos na Comunidade. Unhas cifras que, segundo se puxo de manifesto hoxe no marco da xornada técnica “Perspectivas de futuro para o sector mineiro galego”, se verán incrementadas coa Lei Empresarial en Galicia, que reordena a actividade mineira e que foi aprobada recentemente polo Parlamento. Ao abeiro deste texto legal crearanse máis de 800 novos empregos no sector mineiro galego e contribuirase ao crecemento do noso PIB en máis de 156 millóns de euros.

A xornada técnica para analizar as perspectivas de futuro do sector mineiro galego celebrouse esta mañá na sede da Confederación de Empresarios de Ourense. O foro, promovido conxuntamente pola Cámara Oficial Mineira de Galicia, o Clúster da Pizarra, o Clúster do Granito e a Asociación Galega de Áridos, analizou particularmente a implantación da nova norma, que contribuirá á dinamización do sector mineiro galego cun crecemento estimado do 23%.

Procedemento máis doado e claro

Durante súa intervención no foro, o catedrático da Escola de Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo, Javier Taboada Castro, cualificou como “moi interesante” o novo texto legal, xa que “facilita e aclara os trámites administrativos para poder realizar a explotación de minas na Comunidade”.

Do mesmo xeito, salientou o feito de que “establece un procedemento de outorgamento de dereitos mineiros integral ao validar como autorizacións administrativas os informes preceptivos realizados polas administracións que participaron na tramitación do dereito mineiro” ao tempo que “estipula que o procedemento de outorgamento non comeza ata obter a certificación municipal sobre a natureza do solo”.

Ademais, a nova lexislación defende -a xuízo do catedrático da Universidade de Vigo- que a necesidade de urxente ocupación de terreos se modulará durante toda a vida do xacemento de forma coordinada co avance da explotación, e que o aval de restauración se axustará tamén coa planificación desta. Finalmente, cualificou de “avance cualitativo” que “os concursos de dereitos mineiros caducados se fagan inmediatamente despois da súa caducidade”.

Facilita o acceso ao solo empresarial

A continuación, interveu na xornada técnica o catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela, Luís Míguez Macho, que destacou que a nova Lei “pretende facilitar o acceso ao solo empresarial e simplificar os procedementos administrativos que afectan ao desenvolvemento das actividades empresariais, para facer máis sinxelo e atractivo o feito de que estas iniciativas se poidan implantar en Galicia”.

Luís Míguez tamén fixo unha reflexión sobre as novidades que este texto achega ao réxime xurídico da actividade mineira. Neste sentido, destacou que “introduce un procedemento integrado para que se poidan obter, nunha soa tramitación, todas as autorizacións necesarias para desenvolver as actividades extractivas, ao tempo que garante a participación de todos os interesados mediante o trámite de información pública”.

Ademais, “regúlanse con detalle os procedementos expropiatorios necesarios para o desenvolvemento das actividades extractivas, con especial atención á tutela dos afectados e mellórase a integración do estudo de impacto ambiental nos procedementos de outorgamento de dereitos mineiros”.

O catedrático de Dereito Administrativo da USC subliñou tamén que a Lei de Implantación Empresarial introduce “novas garantías para asegurar a rehabilitación dos espazos afectados pola actividade mineira e axiliza a convocatoria de concursos mineiros no caso de dereitos mineiros caducados”.

Finalmente, Luís Míguez valorou o novo texto legal na medida en que “supón un esforzo considerable da Comunidade galega por revisar boa parte da normativa aplicable ao solo industrial e ao desenvolvemento de actividades produtivas, co fin de eliminar burocracia e simplificar os trámites administrativos. “Isto vai na liña das esixencias da Unión Europea en materia de bo regulamento e pode ter un impacto positivo na atracción a Galicia de investimentos e iniciativas empresarias de todo tipo”, asegurou.

Mesa redonda con rexedores municipais

A xornada técnica tamén incluíu unha mesa redonda na que participaron os alcaldes de Carballeda de Valdeorras e o Porriño, en cuxos municipios o peso económico da actividade mineira é moi relevante. Do mesmo xeito participou nesta mesa redonda o alcalde de Sandiás (Ourense), concello que destaca no ámbito da produción de áridos.

A alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María del Carmen González, puxo en valor o arraigo da actividade mineira no seu municipio, “sempre ligada ao noso devir socioeconómico”. Ademais, salientou que os avances tecnolóxicos propios deste século fan que “esta actividade sexa plenamente compatible e respectuosa coa preservación do medio natural no que se localiza”. Neste sentido, asegurou que se nega a comparar “minaría con destrución” posto que a actividade extractiva ten axudado considerablemente ao progreso do seu municipio.

Neste sentido, afirmou que a minaría é un “motor económico” de primeira orde en Carballeda de Valdeorras, segundo destacou González, posto que “constitúe comodidade para a nosa xente e facilita que se poida traballar e residir no noso municipio”. A rexedora valorou tamén a alta taxa de empregabilidade feminina no sector, que se cifra “nun 25%”.

Pola súa banda, a alcaldesa do Porriño, Eva García, destacou que saúda a nova iniciativa legal “con optimismo” en tanto en canto “intenta alixeirar a burocracia á que se ven sometidos moitas veces os empresario do granito”. Xunto a isto, considerou fundamental realizar un esforzo pedagóxico maior para poñer en valor a relevancia da actividade mineira “porque é un tesouro, e non unha ameaza”.

Finalmente, o rexedor de Sandiás, Felipe Traveso reivindicou á Xunta que a nova lei “non se quede só no papel” e “que se activen os medios necesarios para o seu desenvolvemento”, porque será moi relevante para municipios como o que dirixe, “que conta con varias explotacións areeiras”.

Sustentabilidade ambiental

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, que foi o encargado de inaugurar o foro, aludiu a que a Lei aprobada recentemente polo Parlamento persegue, entre outras cuestións, consolidar o sector mineiro galego. A lei, segundo considerou Tahoces, vai permitir implantar un procedemento administrativo pioneiro e moi avanzado, que abranguerá de xeito integral, todas as actuacións necesarias para o desenvolvemento da actividade.

Xunto a isto, destacou que o novo texto legal favorecerá a sustentabilidade ambiental da actividade. Paralelamente, a lei fomentará o cumprimento dos principios de publicidade e concorrencia porque permite, unha vez que caduquen os dereitos mineiros, que se abra un prazo dun mes para que calquera empresa poida presentar a súa solicitude de cara a desenvolver actividade mineira neles.

Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, afirmou en relación ao sector mineiro que “estamos ante un sector económico no que hai un prometedor futuro” e na cidade das Burgas “somos coñecedores de que baixo os nosos pés temos oportunidades de crecemento e de futuro, e ese é o camiño que estamos trazando”.

No acto inaugural do foro tamén interveu o presidente da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), José Manuel Pérez Canal, quen deu a benvida a todos os participantes ao foro e se referiu, de seguido, á relevancia que a extracción mineira posúe para o PIB provincial, facendo especial fincapé no ámbito da lousa.

25/10/2017 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Magnesitas de Rubián, S.A.
Magnesitas de Rubián, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web