Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 13.Diciembre.2018


A minaría de Galicia, materia prima da arte

enviar a un amigo
  • A extracción de minerais e rocas das minas e canteiras forma parte do noso patrimonio social e cultural

A Catedral de Santiago de Compostela está edificada e labrada nos mesmos materiais dos que están feitos os soños: os minerais e rochas de Galicia. Na construción da súa estrutura empregáronse granito, mármore, alabastro e calcaria. Para as singulares cubertas graduadas, granito, que se complementa nalgunhas zonas con tella cerámica. Todo iso unido con morteiro de cal, area e auga. Cando se iniciou a construción do monumento máis representativo da nosa terra, fai case mil anos, os arquitectos sabían que a variedade e accesibilidade dos recursos mineiros galegos permitirían unha obra de arte que perduraría séculos.

O Pórtico da Gloria, que acabamos de redescubrir grazas ao Programa Catedral de Santiago, promovido pola Fundación Catedral e a Fundación Barrié, é aínda máis rico en minerais de Galicia que o resto da estrutura.

A calidade do granito de gran fino e o mármore permitiron o despregamento do talento dos artesáns ao cicelar detalles e matices inimaxinables. Pero tamén os artistas que pintaron en tres épocas distintas a entrada principal da Catedral de Santiago usaron pigmentos minerais.

Produtos como o carbonato de chumbo, sulfuro de mercurio, resinato de cobre, lapislázuli, carbonato de cobre e carbón deron vida á pedra gris con vivas cores vermellas, profundos verdes, brillantes azuis, vibrantes negros e alegres cores claras. Coberturas de láminas finas de ouro e de prata achegaron luz e reflexos a un conxunto espectacular. Estes mesmos produtos mineiros foron usados polos científicos do equipo de restauración durante o seu traballo.

Distintos estudos científicos recentes permitiron precisar que o granito de gran groso dos arcos e paredes da Catedral, o material máis resistente e basto, é procedente de minas ao descuberto das parroquias compostelás de Conxo e Vidán. Mentres que o máis delicado, o granito de gran fino que permite o exquisito labrado do Pórtico da Gloria, procede de canteiras de Vrins e Eirapedriña, no veciño municipio de Ames.

Sen dúbida, parte dos minerais dos pigmentos procedían de minas galegas, do mesmo xeito que a arxila das primeiras tellas cerámicas das cubertas. Podemos asegurar, pois, que sen a minería de Galicia a obra de arte que conforma o conxunto catedralicio non existiría.

Tamén hai referencias no Códice Calixtino a que os peregrinos medievais, ao seu paso pola canteira de Os Cotelos, en Triacastela, recollían unha pedra de cal que transportaban entre as súas pertenzas até Castañeda, no municipio de Arzúa, onde uns fornos abastecían as obras da Catedral.

E estes camiñantes, como todos os que se dirixían a Compostela polos diferentes percorridos, puideron aliviar o seu cansazo grazas a outro importante recurso mineiro: as fontes termais, con augas mineiro-medicinais que deron fama a Galicia ao longo dos séculos.

Desde o inicio dos tempos, os habitantes de Galicia empregaron produtos mineiros para as súas ferramentas, as súas construcións e para expresar as súas inquedanzas artísticas. O granito, a area, a lousa, a arxila e todo tipo de rochas e minerais foron extraídas de canteiras e minas cos métodos dispoñibles en cada época. Unha das características que teñen en común as machadas do neolítico, o Pórtico da Gloria e os teléfonos móbiles dos nosos petos é que están elaborados pola man do home cos minerais extraídos da terra.

A extracción de minerais e rochas de minas e canteiras, así como o aproveitamento das augas minerais para o seu uso en balnearios e como bebida, existiu sempre en Galicia. Todo iso forma parte do seu patrimonio social e cultural. O exemplo da Catedral e o seu Pórtico marcaron a arte e a arquitectura de Galicia desde ese momento. E non serían posibles sen a minería. Estas canteiras próximas a Santiago e outras máis afastadas son o xerme da industria extractiva de Galicia, que en 2016 logrou unhas exportacións de 250 millóns de euros, que supón un 1,2% do PIB e que dá emprego de calidade de forma directa a 5.000 galegos.

Publirreportaxe publicada en El Correo Gallego o 08/09/2018

 

08/09/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Aguas de Mondaríz-Fuente del Val, S.A.
Aguas de Mondaríz-Fuente del Val, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.06
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web