Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 21.Junio.2018


A minaría colabora na loita contra os lumes e a seca

enviar a un amigo

O sector mineiro adoita colaborar cos servizos de emerxencias e de extinción de lumes poñendo a súa disposición a maquinaria e a auga das súas balsas para aquelas situacións en que poidan ser de utilidade.

Así, durante a vaga de lumes ocorrida en outubro, Áridos do Mendo achegou unha pa cargadora e cinco formigoneiras, cunha capacidade de carga de dez e sete metros cúbicos respectivamente. Ademais tomáronse un millón e medio de litros de auga das súas balsas mediante bombas do circuíto de lavado da planta. Canto a recursos humanos participaron voluntariamente cinco condutores, en activo e xubilados, dous operarios e dous voluntarios externos.

Estes efectivos combateron o lume nas parroquias de Pesqueiras, Soutolobre e Meder, no concello de Salvaterra do Miño, e de Liñares e Setados, no concello das Neves. Nos dous casos os incendios supuñan risco para vivendas. A súa actuación, desde as 17.00 horas do domingo 5 de outubro ata as 2.00 do luns, serviu como reforzo ás brigadas de extinción da Xunta de Galicia e da Unidade Militar de Emerxencias. Nalgún caso mesmo foron o único recurso dispoñible, segundo explica a empresa.

Áridos do Mendo xa ten colaborado na loita contra o lume en ocasións anteriores, como foi a vaga de incendios de 2006 e en 2004.

Caolines de Vimianzo

Pola súa banda, é habitual que os helicópteros de extinción e camións motobomba se abastezan nas balsas e lagoas xeradas na restauración da explotación de Caolines de Vimianzo cando se produce un incendio na Costa da Morte. En situacións de emerxencia, a empresa ten posto a disposición dos servizos de extinción máis de 600.000 metros cúbicos de auga doce. Así como a colaboración habitual co Concello de Vimianzo para garantir o subministro de auga á poboación en caso de seca.

Cómpre sinalar tamén que o concello ten constancia da maquinaria que hai na explotación por se precisa do seu uso para emerxencias.

Vídeo da intervención dunha formigoneira de Áridos do Mendo en As Neves

17/11/2017 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Canteras Fernández, S.A.
Canteras Fernández, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web