Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 16.Agosto.2018


A minaría, clave para o desenvolvemento sustentable

enviar a un amigo

Artigo de opinión publicado o 15/04/2018 no suplemento económico Mercados, de La Voz de Galicia.


Asistimos a unha nova revolución liderada polas tecnoloxías da información e a loita contra o cambio climático, a implantación de enerxías renovables e a electrificación de vehículos. Iso provoca un aumento exponencial da demanda de materias primas minerais.

Para garantir o seu abastecemento a Unión Europea lanzou medidas destinadas a fomentar a explotación dos xacementos europeos, a reciclaxe, a substitución e a incrementar o poder negociador fronte aos países produtores.

Ademais, segundo Nacións Unidas, a minaría pode liderar a consecución dos seus obxectivos de desenvolvemento sustentable, xerando emprego e riqueza, garantindo que os beneficios se estendan máis aló da vida da mina, producindo un impacto positivo no medio natural, o cambio climático e o capital social.

A minaría galega non é allea a isto: xerou hábitats naturais dignos de protección en Begonte, solo industrial en Salvaterra do Miño, infraestruturas verdes nas Pontes, solos de produción agropecuaria en Frades e Mesía ou infraestruturas para auga potable en Cerceda, xerando beneficios máis aló da vida da mina.
Apoiándose no coñecemento científico, con referentes internacionais como foi o Instituto Xeolóxico de Laxe, a Escola de Enxeñeiros de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, e docentes do tres universidades galegas, que contribuíron ao éxito dos proxectos mineiros e das súas rehabilitacións ambientais.

Con todo, ante un novo proxecto mineiro, alármase á sociedade, alimentando o medo á réplica dun accidente ocorrido hai 20 anos a case 1.000 quilómetros e que non impediu aos veciños de Aznalcollar manifestarse en 2015 a favor da reapertura da súa mina.

A mina de Touro estivo 13 anos producindo cobre, en peores condicións técnicas e un marco legal e ambiental máis laxo, o que non minguou o desenvolvemento agrícola e gandeiro da zona, nin prexudicou o marisqueo na ría de Arousa.

O medo a un accidente debe manternos vixiantes para esixir as garantías que minimicen o risco e contribúan á compatibilidade ambiental, territorial e social dun proxecto. Pero non debe ser xustificación suficiente para rexeitalo. E menos sen coñecer o ditame dos técnicos da Administración.

Das 26 materias primas minerais críticas para a industria segundo a UE, en Galicia dispomos de indicios, recursos ou reservas de 8. A súa posta en valor diminuiría a dependencia exterior e permitiría a instalación de industrias tecnolóxicas, atraídas pola proximidade aos centros produtivos e a garantía de subministración, que ademais de xerar riqueza, demandan profesionais cualificados no ámbito rural. Isto podería colocar a Galicia na vangarda tecnolóxica na loita contra o cambio climático e contribuiría decisivamente á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable.

Diego López González
Director da Cámara Oficial Mineira de Galicia

15/04/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Fontecelta, S.A.
Fontecelta, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web