Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 26.Marzo.2019


A Escola de Minas lanza o concurso fotográfico MULLE.Rme2019

enviar a un amigo

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, dentro das actividades programadas en relación á celebración do día internacional das mulleres o 8 de marzo, ven de lanzar o I concurso de fotografía MULLE.Rme2019. O obxectivo desta iniciativa é dar visibilidade á muller nas actividades relacionadas coa profesión de enxeñaría de minas e enerxía.

As imaxes que se presenten a concurso deben ser orixinais e mostrar situacións, paisaxes ou circunstancias relacionadas coa xeración e uso da enerxía, enerxías renovables, explotación de minerais e rochas, túneles e obras subterráneas, restauración de espazos, explosivos... nas que a muller apareza ben como protagonista, cun enfoque positivo, ou ben nas que se poña de manifesto a masculinización da actividade, como medio de denuncia.

As persoas interesadas poden enviar as súas fotografías antes do 27 de febreiro (23:59 horas) a eme@uvigo.es, cumprindo os requisitos establecidos nas bases do concurso, que están dispoñibles na web da Escola de Minas e Enerxía.

11/02/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Lista Arenas y Gravas, S.A.
Lista Arenas y Gravas, S.A.
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.02
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web