Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Sábado - 26.Mayo.2018


A conferencia Min-Guide 2017 abordou a innovación na produción mineral

enviar a un amigo

A conferencia anual do proxecto europeo Mineral Policy Guide (Min-Guide 2017) reuniu en Bruxelas máis de 200 expertos no sector da produción mineral para abordar “Un marco de políticas favorables á innovación ao longo de toda a cadea de valor da produción mineral”. O encontro, desenvolvido os pasados 13 e 14 de decembro, permitiulles aos asistentes, procedentes de toda Europa, o intercambio de coñecementos e experiencias arredor das últimas tendencias en innovación, así como das políticas para a súa transferencia.

Segundo informa o Instituto Geológico y Minero de España (IGME), único socio español do proxecto Mineral Policy Guide, o obxectivo da conferencia foi afondar na innovación cun enfoque de colaboración desde Min-Guide, “entendida como unha plataforma para a creación de redes e a construción de comunidades nas que intercambiar boas prácticas e as últimas novidades”. Ademais, debateuse sobre a produción de minerais e os desafíos que afronta o sector.

O encontro incluíu sesións centradas en diversos eixes temáticos: as innovacións na cadea de valor dos minerais e marcos de políticas de apoio; a exploración e extracción de minerais; o procesamento mineral e metalúrxico e o manexo de residuos e peche de minas. Tamén se trataron os enfoques de coxestión na transición das cadeas de valor.

Por outra banda, durante a conferencia amosáronse os resultados de tres obradoiros sobre exploración e extracción, procesamento e xestión de residuos.

O proxecto Min-Guide

Min-Guide é un proxecto que aborda a necesidade dun abastecemento seguro e sustentable de minerais en Europa, mediante a proposta de estratexias e políticas que aseguren este obxectivo. Creado en 2016, suma dez organizacións socias de nove países europeos: España, Portugal, Finlandia, Grecia, Austria, Reino Unido, Suecia, Bélxica e Croacia. O seu labor prolongarase ata 2019.

Segundo informa na súa web (www.min-guide.eu), o proxecto foi deseñado para abordar de xeito integral os novos desafíos na cadea de valor da minaría. Para os responsables do proxecto é necesario “un marco de políticas que promova enfoques innovadores e sustentables” para darlles resposta aos novos retos e garantir a subministración de minerais en Europa.

Nesta liña refírense á inestabilidade e incerteza que hai no acceso a materias primas minerais non enerxéticas que constitúen a base das cadeas de valor industriais. “O funcionamento das economías europeas e, en consecuencia o benestar das sociedades, depende en gran medida da subministración a longo prazo de recursos naturais e materias primas para a produción e o uso”, apunta.  

20/12/2017 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Áridos do Mendo, S.L.
Áridos do Mendo, S.L.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web