Lago minero

Unha delegación de senadores franceses coñece a experiencia de rexeneración ambiental do Lago Mineiro de Meirama

Unha delegación de senadores franceses acaba de coñecer a experiencia de rexeneración ambiental e o traballo de recuperación do lago mineiro de Meirama, en Cerceda.

A Consellería de Infraestruturas e Movilidade, a través de Augas de Galicia, organizou unha visita ao lago artificial da antiga mina de Meirama para a delegación de senadores franceses, interesados en coñecer a experiencia e o traballo desenvolvido por Naturgy durante o proceso de restauración ambiental do oco mineiro xerado pola explotación de carbón que existía na zona.

Os técnicos de Augas de Galicia profundaron no traballo desenvolvido na supervisión do enchido do actual lago artificial. Tras o enchido, a Xunta tramitou o deslinde da zona como dominio público da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa.

Este lago, centro dun ecosistema diverso e de múltiples actividades de lecer, ten ademais potencial como reforzo para o abastecemento de auga potable á poboación.

As obras consistiron na execución da primeira fase dun túnel situado a unha profundidade de 15 metros por baixo da lámina superficial do lago, que permite regular 24 hm3 de auga, servindo isto de reforzo para o encoro de Cecebre e, por tanto, para todo o sistema de abastecemento da área da Coruña.