Visita proyecto salave

Unha delegación da COMG coñece o proxecto Salave

Varios membros da Cámara Oficial Mineira de Galicia coñeceron in situ a proposta de extracción de ouro da mina de Salave (Asturias), un proxecto liderado pola compañía española Exploracións Mineiras do Cantábrico ( EMC).

A delegación da COMG estivo encabezada por Miguel Ángel Fortúnez, director da entidade, que estivo acompañado por Manuel Regueiro, do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos de España; Pablo Núñez, delegado en Galicia do colexio; e Pedro Unzueta, delegado en Lugo do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Norte de España.

Durante a visita, o director de Explotacións Mineiras do Cantábrico, José Manuel Domínguez, explicou que se trata dun proxecto concibido coa tecnoloxía máis moderna, contrastada e cun forte compromiso coa contorna, que garante a sustentabilidade ambiental, de acordo cos propios compromisos da compañía e coa esixente lexislación rexional, española e europea.

“Estamos convencidos de que é posible desenvolver unha operación mineira economicamente viable e medioambientalmente sostible. Consideramos que o noso proxecto contén melloras substanciais que o converten nun proxecto novo e singular, diferente a outras propostas, co que buscamos alcanzar o risco cero”, asegurou José Manuel Domínguez.