27 Mai Unha canteira galega recibe o premio Seguridade e Saúde da Federación de Áridos
A firma Prebetong Áridos recibiu o pasado xoves o primeiro premio na categoría de Seguridade e Saúde nos galardóns Desenvolvemento Sostible concedidos pola Federación de Áridos.
A distinción destaca o proxecto de dixitalización desenvolvido na explotación de áridos de Couso, en Ponteareas (Pontevedra), co cal a canteira de O Condado sitúase como a máis segura de España.
O galardón, outorgado durante o VI Congreso Nacional de Áridos celebrado en Oviedo, destaca o valor do proxecto BEST (Buscando a Excelencia en Seguridade a través da Tecnoloxía), unha iniciativa que propón solucións eficaces, inmediatas e dixitais para unha industria historicamente analóxica na súa xestión e onde os desafíos na prevención dos riscos laborais son máximos polas características das operacións que se desenvolven.
BEST trátase dun compendio de aplicacións dixitais integradas entre si e onde cada unha delas responde a obxectivos diferentes: que cada traballador realice evaluacións preliminares de riscos para cada unha das tarefas, levar a cabo inspeccións periódicas, realizar un feedback continuo, etc.
Baixo o lema “Elixe Seguridade. Elixe Vida”, a explotación mineira de Couso conseguiu superar os 3.000 días sen accidentes. Un fito ao que contribuíu o Proxecto BEST.
Ademais, os responsables do proxecto da canteira de Couso destacan que se reduce a burocracia e o uso de papel, ao mesmo tempo que facilita unha comunicación bidireccional e permite detectar áreas de mellora de maneira case inmediata.