Premios Santa Bárbara 2023,
XVI Edición

A Cámara Oficial Mineira de Galicia quere destacar a importancia que o sector mineiro ten no tecido industrial e no desenvolvemento da sociedade.

Neste sentido, con motivo da celebración da patroa dos mineiros, convoca a XVI Edición dos Premios Santa Bárbara, que terán lugar o próximo venres 1 de decembro no Balneario de Mondariz, para recoñecer o labor de todos os integrantes da comunidade mineira de Galicia, estimular a súa contribución ao desenvolvemento do sector, e achegar e dar a coñecer o sector mineiro á sociedade, poñendo de manifesto a súa relevancia.

Traxectoria

Recoñecemento a unha carreira meritoria que destaque polo seu bo facer no eido da minaría.

Comunicación

Recoñecemento a accións de divulgación e transparencia sobre o sector mineiro

Minaría Sostible

Premia aqueles proxectos encamiñados a unha xestión máis sostible das explotacións.

Presenta a túa candidatura

Descarga o formulario de presentación da candidatura e as bases do premio e fainos chegar a túa candidatura ao correo cmg@camaraminera.org

Coñece aos gañadores da edición de Santa Bárbara 2022