PNDS2022: un premio á sustentabilidade

A federación de Áridos presenta a edición 2022 dos seus premios coa finalidade de promover unha correcta xestión dos aspectos que compoñen o desenvolvemento sostible, entre os que se inclúen o coidado do medio ambiente, da sociedade na que operan, da prevención de riscos laborais, da economía e da biodiversidade (en todas as etapas do proceso de produción de áridos).

A industria extractiva dos áridos realiza un enorme esforzo para a aplicación dos principios e conceptos básicos do desenvolvemento sostible nas súas organizacións (explotacións mineiras ao descuberto, plantas de tratamentos, etc.).

Galardóns

Premios excelencia:

  • Medioambiente
  • Social
  • Economía da Produción

Premios e certificados:

  • Restauración
  • Boas Prácticas Ambientais
  • Cambio Climático
  • Comunicación
  • Economía e Valor Engadido
  • Boas Prácticas
  • Economía Circular
  • Biodiversidade
  • Innovación
  • Outras Industrias Extractivas
  • Participación na Comunidade Local
  • Seguridade e Saúde

Cada un dos premios contará coas seguintes categorías:

  • Categoría Pequenas Empresas (menos de 25 traballadores)
  • Categorías Grandes Empresas (máis de 25 traballadores)

Pincha aquí se queres saber toda a información referente á PNDS2022 (requisitos, selección de candidaturas, xurado…).