Termalismo galicia bolonia 1

Ourense, representante de España no congreso internacional da Federación Mundial de Termalismo

A provincia de Ourense representou este ano a España como país convidado no congreso internacional da Federación Mundial de Termalismo e Climatoterapia (Femtec), celebrado en Bolonia (Italia) a pasada semana.

O presidente da Deputación, José Manuel Baltar, interveu na asemblea a través dun vídeo. “Tras a pandemia necesitamos reforzar o papel do turismo termal e todas as posibilidades que a climatoterapia achega ás zonas rurais implicando un estilo de vida saudable”, destacou. Baltar agradeceu á delegada da Femtec en Galicia, María Xenerosa Souto, o seu labor investigador sobre os recursos termais e as augas mineiro-medicinais no noso territorio.

Galicia é líder nacional en turismo termal, concretamente Ourense é a primeira provincia no noso país por número de centros termais, con sete instalacións en funcionamento.