PAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN Y RESILENCIA

Os puntos crave do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España

A Comisión Europea emitiu o pasado 16 de xuño unha avaliación positiva do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España.

O Consello dispón agora de catro semanas para adoptar a proposta de Decisión da Comisión pola que se concede a España unha subvención de 69.500 millóns de euros con cargo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia ( MRR), o elemento principal do instrumento NextGenerationEU.

A aprobación do Plan por parte do Consello permitiría o desembolso de 9.000 millóns de euros a España en concepto de prefinanciación, o 13 % do importe total asignado a España, e prevese que alcance os 19.000 millóns de euros durante 2021 tendo en consideración fitos e obxectivos xa cumpridos.

O Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España inclúe, nos seus anexos, fichas correspondentes a 30 compoñentes nos que se detallan os investimentos e reformas previstas para o período 2021-2023.

Entre as temáticas que abordan os compoñentes atópase a mobilidade sostible, o despregamento e integración de enerxías renovables, a Estratexia de Transición Xusta, a Política Industrial España 2030 ou Impulso á Peme.

Ligazóns de interese: