aureliano fernandez

O último adeus a Aureliano Fernández, socio fundador da louseira Cupa Group

O día 10 de abril faleceu, aos 91 anos de idade, Aureliano Fernández, un dos socios fundadores da louseira Cupa Group. Aureliano, oriúndo de San Pedro de Trones (León), é considerado un dos pioneiros do sector. Aos seus 20 anos de idade, tomou as rendas da explotación de lousa do seu avó, ubicada na súa localidade natal.

En 1968, xunto a outros catro socios, fundou Cupire Padesa, actualmente coñecida como Cupa Group. Aureliano Fernández adicou gran parte da súa vida ó mundo empresarial e á produción de lousa, acadando transformar unha pequena empresa local nunha grande multinacional con 68 filiais repartidas en 9 países, empregando a máis de 2.300 traballadores.

Durante a súa traxectoria foi galardonado con diferentes premios a súa adicación empresarial, entre eles o título otorgado en 1997 de “Empresario Leonés do ano” pola Federación Leonesa de Empresarios. Ao longo da súa carreira, chegou a ocupar a presidencia da federación antes citada e do Círculo Empresarial Leonés.

Finalmente, abandonou en 2016 o Consello de Administración de Cupa Group, onde agora o seu fillo Javier Fernández é conselleiro delegado. Deste modo, deixaba atrás unha vida adicada a impulsar a economía e o emprego alí onde as empresas que dirixía desenvolvían a súa actividade.

Imaxe: Diario La Región