Jornada oipe resultados

O sector mineiro optará a proxectos europeos de innovación e desenvolvemento por 2,4 millones de euros  

O sector mineiro de Galicia optará a tres proxectos de innovación e desenvolvemento con financiamento europeo en 2024 por valor de 2,4 millóns de euros que deberán ser desenvoltos con organizacións e empresas, tanto nacionais como comunitarias. A definición preliminar de cada un deles é o resultado do traballo da Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE), creada recentemente no seo da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG). Os tres proxectos foron presentados esta mañá nunha xornada celebrada na sede da Fundación Universitaria de Galicia (Feuga).

O primeiro dos proxectos e o máis ambicioso que a OIPE quere impulsar en 2024 ten por meta axudar a solucionar un dos puntos críticos para a UE neste momento: a dependencia de materias primas minerais de terceiros países e que afecta a toda a cadea de valor industrial. Para iso, desde a OIPE programouse o desenvolvemento dun plan en colaboración con entidades e administracións de Portugal e das comunidades autónomas de Castela e León, Estremadura e Andalucía. Este proxecto presentarase á convocatoria do Programa Interreg VIN España-Portugal (POCTEP), de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea.

O proxecto pon o foco no desenvolvemento de catro sectores fundamentais para a industrialización dos territorios transfronteirizos: mobilidade eléctrica, enerxías renovables, aeroespacial e microelectrónica; e cuxo punto de partida sería as materias primas coas que contan España e Portugal: litio, cobalto, níquel, wolframio, galio e terras raras.

Trátase dun proxecto que solicitará 2 millóns de orzamento para o deseño de follas de roteiro intersectoriales, a identificación de oportunidades nestes catro sectores e o desenvolvemento de accións piloto para a atracción de investimento.

A segunda proposta que manexa a OIPE ten como meta alcanzar obxectivos de minaría sostible a través da formación nesta materia de traballadores con experiencia no sector mineiro ou outros relacionados. levaría a cabo a través do programa Empleaverde+, xestionado pola Fundación Biodiversidad. Con esta proposta pretende alcanzarse unha tripla meta: unha maior responsabilidade ambiental, a integración do sector con outras cadeas industriais e a capacitación dos traballadores da industria.

Para favorecer a circularidade do sector tivéronse en conta dous aspectos: por unha banda, a valorización de residuos mineiros e por outra, a valorización dos residuos procedentes dos sectores da construción e a demolición. Cun financiamento de 140.000 euros, esta acción estaría destinada á formación de empregados de Galicia e outras comunidades autónomas a través de catro acciones.

O terceiro dos proxectos presentados nace da necesidade de crear novas opcións de emprego baseadas na transición dixital e ecolóxica. Trátase de converter ao ecosistema mineiro nun axente transformador do cambio cara a un modelo con maior eficiencia e sustentabilidade dos seus recursos a través da mellora das competencias dos traballadores.

Esta acción estará enmarcada dentro do programa comunitario Erasmus+ e terá como público a empregados da industria mineira e a persoas en situación de desemprego ou que queiran cambiar de sector. Este proxecto, como os outros dous, estaría liderado pola COMG, e pretende contar coa participación de seis socios doutros países europeos con experiencia no ámbito da formación ocupacional en competencias verdes e dixitais.

Para máis detalles sobre estas propostas e os traballos realizados pola OIPE, consulta a presentación exposta durante a xornada.

Que é a OIPE? A Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE) é froito da colaboración entre a COMG e a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia, e ten por obxectivo mobilizar aos diferentes axentes públicos e privados da industria mineira galega para incentivar a investigación, o desenvolvemento e a innovación na nosa comunidade. Unha das principais tarefas desta entidade é a de identificar puntos de mellora no sector mineiro, así como planificar e desenvolver proxectos para o fomento da minería sostible a través de plans transversais a toda a cadea de valor industrial.