Encuentro energia galicia norte portugal

O presidente da COMG participou no Encontro sobre a Enerxía Galicia-Norte de Portugal para falar sobre descarbonización e captura de carbono

A sede da Confederación de Empresarios de Galicia, situada en Vigo, acolleu este martes o Encontro sobre a Enerxía Galicia-Norte de Portugal. A xornada foi inaugurada polo secretario xeral de Industria da Xunta de Galicia, Nicolás Vázquez; o presidente do Consello Galego de Enxeñarías (CGES), Enrique Urcola; e o presidente do Consello Directivo Rexional da Orde dos Enxeñeiros da Rexión Norte de Portugal (OERN), Bento Aires.

Durante a reunión, un centenar de profesionais de diferentes enxeñarías reflexionaron sobre diversas cuestións vinculadas á sustentabilidade e á protección ambiental no sector enerxético. O presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia e enxeñeiro de minas, Juan José López Muñoz, participou na primeira mesa redonda do encontro, centrada na produción e almacenamento de enerxías renovables. A súa intervención virou ao redor da implantación de proxectos de absorción de CO2 en espazos mineiros e a creación dun mercado voluntario desde a industria mineira.

A conversación durante o resto do encontro tratou sobre diversos temas como a implantación de tecnoloxías renovables, a xeración e aproveitamento de novos combustibles limpos, a eficiencia enerxética, a descarbonización, a creación de novos sistemas de almacenamento, a nova mobilidade ou a dixitalización da xestión eléctrica. Os participantes destacaron o potencial de Galicia e o norte de Portugal como impulsores das enerxías renovables, con numerosos proxectos eólicos, enerxéticos ou de hidróxeno verde.

Se desexas obter máis información sobre o encontro, podes consultar a siguiente ligazón.