Manuel-Regueiro

O galego Manuel Regueiro, reelixido presidente do Colexio de Xeólogos de España

Manuel Regueiro foi reelixido presidente do Ilustre Colexio Oficial de Geólogos ( ICOG) para exercer o cargo durante os próximos catro anos. Completan a directiva Cristina Sapalski, que renova como vicepresidenta, e Ester Boixereu, elixida tesoureira.

Nesta etapa que comeza, Regueiro e o seu equipo queren aumentar o peso dos xeólogos na Administración Pública, non só no recoñecemento dos postos laborais (RPTs), senón tamén que tamén desexan impulsar a figura dos profesionais da xeoloxía en órganos consultivos e comisións técnicas.

Algúns dos obxectivos marcados polo Colexio son potenciar a formación online a través de diversos formatos adaptados ás circunstancias actuais (xeoforos, webinars, etc), achegar a institución aos mozos mediante convenios con universidades e un plan específico para facer de ponte co mundo laboral, así como reforzar os contactos con asociacións xeolóxicas internacionais.

O ICOG pretende dar valor á profesión de xeólogo como un servizo á sociedade, promovendo campañas informativas para que as administracións fomenten o coñecemento e experiencia dos xeólogos en prevención de riscos naturais.

Outro dos seus obxectivos é crear unha asociación iberoamericana de colexios e asociacións profesionais para facilitar o intercambio de coñecemento, profesionais e recursos técnicos.

Estas metas pretenden continuar a senda percorrida nos últimos anos, nos que o Colexio protagonizou unha transformación dixital para achegarse a todos os colexiados e reforzou a política institucional cun maior peso en organismos como a Unión Profesional e a Federación Europea de Geólogos . Ante a situación actual que se está vivindo a causa do Covid-19, o novo equipo elaborou un Plan de Continxencia para dar resposta non só ás necesidades dos seus colexiados, senón da sociedade no seu conxunto.