Radon formacon santiago 2023

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais ofrecerá unha formación sobre o gas radón

Os próximos días 14 e 15 de abril, a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos (COETICOR) acollerá o curso ‘Gas Radon: lexislación, sistemas de medición e como reducilo’.

A modificación do Código Técnico da Edificación de 2019 incorpora a sección 6 do documento básico de salubridade DB HS-6: protección contra o radon, que ten por obxecto regular os mecanismos de prevención contra concentracións excesivas na edificación. Por iso, a delegación en Santiago do COETICOR organiza este curso sobre a orixe deste gas e os sistemas de medición e redución no ámbito laboral.

O curso terá unha duración de 6 horas repartidas entre o 13 e o 14 de abril, e será impartido polos Alberto Ruano e o director do Laboratorio de Radon de Galicia, Juan Miguel Barros, ambos os pertencentes á Área de Medina Preventiva e Saúde Pública da USC.