Materioteca de galicia presentacion comg gain

O Catálogo de Recursos Naturais de Galicia xa forma parte da Materioteca

A Materioteca de Galicia é un proxecto único a nivel nacional que ten por obxectivo dinamizar a implantación de materiais innovadores nas empresas galegas e que se compón dunha exposición, un arquivo de mostras clasificadas e servizos especializados.
Recentemente, os recursos minerais de Galicia sumáronse a este inventario, trátase do ‘Catálogo de Recursos Minerais de Galicia’, un traballo levado a cabo pola Cámara Oficial Mineira de Galicia en colaboración a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e que contou co apoio da Consellería de Economía, Industria e Innovación.
O Catálogo de Recursos Minerais de Galicia axudará a promover e difundir o potencial mineiro galego e está enmarcado na Axenda de Impulso de Minería Sostible 2030. “Trátase dun dos grandes pasos que se están dando nesta folla de roteiro para a industria mineira, que marcará o camiño para seguir para os próximos anos”, sinalou Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, durante a presentación do catálogo que tivo lugar o mércores 13 de decembro no CIS de Tecnoloxía e Deseño de Ferrol, a sede actual da Materioteca de Galicia,
Neste acto tamén interviñeron ademais María José Mariño, directora da área de Centros dá Axencia Galega de Innovación; Juan José López e Arantxa Prado, presidente e directora da COMG.
Por outra banda, Irene Pérez, técnica da entidade e Santiago Nieto, técnico da Materioteca foron os encargados de explicar como foi o proceso de creación deste proxecto, que conta xa con 120 materiais catalogados, así como o seu potencial de cara ao ano que vén.