raw materials-2020

Lánzase a Alianza de Materias Primas da UE (ERMA)

O 29 de setembro comezou o Raw Materials Summit 2020, un evento único en Europa que tivo unha duración de dous días e realizouse online. Dúas xornadas nas que o foco foi a necesidade de obter materias primas para avanzar cara a unha sociedade máis verdde en Europa.

Abordáronse temas como a dixitalización e a innovación en áreas que inclúen a transición á subministración de enerxía verde, así como a crecente demanda de materias primas e materiais avanzados para a mobilidade eléctrica.

O principal propósito deste evento é concienciar acerca da posición estratéxica que ocupan os metais, minerais e materiais avanzados para a transición de enerxías limpas e a mobilidade futura. A xestión sostible dos recursos naturais e o cambio a un modelo verde son fundamentais para lograr unha economía competitiva e eficiente no uso dos recursos en Europa.

RM SUMMIT 2020 visualizou o futuro da industria das materias primas de acordo coas prioridades do Acordo Verde da UE. Houbo varias sesións temáticas que, cubriron os desafíos do sector. Incluíu relatores moi destacados do sector das materias primas, representantes da Comisión da UE, empresarios e investidores de ciencia e tecnoloxía.

O 29 a Comisión Europea transmitiu o esperado lanzamento da European Raw Materials Alliance ( ERMA), a nova alianza de materias primas da UE. Esta presentación foi realizada polo Comisario Bretón e o Vicepresidente Šefčovič.

A European Raw Materials Alliance identificará barreiras, oportunidades e opcións de investimento para desenvolver a capacidade en todas as etapas da cadea de valor das materias primas, desde a minería ata a recuperación de residuos. Nunha primeira fase, a alianza centrarase na necesidade máis urxente, que é aumentar a resiliencia da UE nas cadeas de valor de terras raras e imáns permanentes, xa que son vitais para a maioría dos ecosistemas industriais da UE. Ademais de facer fronte ao rápido aumento da demanda impulsada polos vehículos eléctricos e o almacenamento de enerxía, a demanda de terras raras críticas para produtos como as turbinas eólicas podería multiplicarse por dez para 2050.

Máis adiante, expandirase para abordar outras necesidades críticas e estratéxicas de materias primas e metais básicos, como materiais para o almacenamento e a conversión de enerxía.