A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) prepara unha nova edición da súa Axenda Escolar 2026-2027, unha iniciativa que, tras o éxito de anos anteriores, busca achegar o sector mineiro ao alumnado dunha maneira amena, moi visual e con numerosas curiosidades pensadas para o contorno escolar.
Para levar a cabo este proxecto, a COMG abre a posibilidade de que empresas e entidades colaboren na impresión e distribución da axenda mediante distintas modalidades. As entidades colaboradoras recibirán exemplares para a súa distribución e o seu logotipo aparecerá incluído na publicación. O prazo para confirmar o interese en participar remata o 8 de maio e, para máis información, pode contactarse a través de cmg@camaraminera.org.

