A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) participou este martes, 17 de novembro, en dous obradoiros presenciais celebrados no CIFP Someso (A Coruña), organizados polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) en colaboración coa COMG, no marco do proxecto europeo Green Hub.
As sesións estiveron dirixidas a 60 alumnos dos últimos cursos de Formación Profesional, próximos a incorporarse ao mercado laboral ou a emprender novas iniciativas, así como a profesionais e traballadores interesados en aplicar estes coñecementos na súa actividade diaria. Pola súa banda, a COMG contribuíu con distintas intervencións técnicas vencelladas á economía circular, aos recursos minerais, ás materias primas críticas e ás oportunidades de valorización de residuos.
O primeiro obradoiro centrouse na revalorización de residuos mineiros en Galicia, abordando o aproveitamento de materiais estériles, a economía circular, a recuperación de materias primas estratéxicas, a creación de tecnosolos e novas aplicacións industriais. Nesta sesión interviñeron Sara López Campoamor, responsable de CámaraImpulsa (COMG); Aitor Puente de Cabo, xerente da Asociación Galega de Áridos; Ana Mª Méndez Lázaro, catedrática de Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica na ETSI Minas y Energía (UPM); e David González Campos, director de Tratamientos Ecológicos del Noroeste.

Aitor Puente durante a súa intervención

Ana Mª Méndez Lázaro durante a súa intervención
A continuación, desenvolveuse o obradoiro sobre minaría urbana para a revalorización de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), no que se analizou o potencial de recuperación de materias primas críticas, tecnoloxías de reciclaxe, xestión de residuos, modelos de negocio e oportunidades dun sector en crecemento. Neste bloque participaron Manuel Ramos, director de Operacións do Proxecto CirCular (Atlantic Copper); Irene Pérez Cáceres, responsable da Oficina Técnica da COMG; Cristina Martínez García, Area Manager de CETIM; e Arantxa Prado, directora da COMG.

Cristina Martínez durante a súa intervención

Arantxa Prado durante a súa intervención
Esta jornada se encuadra en el marco del proyecto Green Hub, en el que participa el INEGA dentro del programa europeo Interreg POCTEP, y que tiene como objetivo promover la valorización de recursos y residuos de origen natural, industrial y posconsumo para la producción de nuevos materiales y productos sostenibles y de mayor valor añadido en la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal.

