A presidenta da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), Cecilia Trancón, e a directora da entidade, Arantxa Prado, asistiron ao acto de celebración do 140 aniversario da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, unha cita de carácter institucional que reuniu a representantes do ámbito empresarial e administrativo.
Ao longo da mañá desenvolvéronse distintos diálogos e mesas redondas, entre eles un bloque sobre A historia das Cámaras e unha mesa centrada no papel das cámaras na economía española.
O programa abordou tamén a relación entre empresa e innovación, con especial atención á intelixencia artificial, e incorporou un espazo de reflexión sobre a Europa atlántica como eixo estratéxico. Ademáis, García Costas recibiu a Medalla de Ouro da Orde da Cámara de Comercio de España, debido á súa labor como presidente da Cámara dende fai 25 anos.
A clausura institucional contou coa participación do presidente da Cámara de Comercio de España, José Luis Bonet, e coa presenza de representantes de distintas institucións, entre eles o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, o alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, e a comisionada para a Competitividade Industrial e a Pyme do Goberno de España, Nuria Aymerich.

