Cantera áridos

Fin dos residuos, reciclaxe e eficiencia: a aposta do sector dos áridos

O camiño cara á sustentabilidade enerxética pasa necesariamente pola innovación no sector mineiro, e concretamente no dos áridos, materiais fundamentais tanto para o sector da construción (edificios, infraestruturas, portos, etc) e para o desenvolvemento social de Galicia.

As empresas do sector mineiro levan anos planificando o seu presente e o seu futuro en base á investigación das materias primas críticas, da innovación e os procesos sostibles. Unha realidade que se viu acelerada pola evidencia da fraxilidade do modelo produtivo nacional, no que as cadeas de valor dependen das importacións.

Por iso, a Unión Europea de produtores de Áridos (UEPG) publicou recentemente a súa Folla de Roteiro 2030, adaptada aos novos retos que ten por diante o sector dos áridos, en especial no escenario actual de crise de materias primas.

Este sector é a maior industria extractiva non enerxética, satisfacendo unha demanda continental de 3.000 millóns de toneladas extraídas de 26.000 explotacións. Mentres que a pegada de carbono desde a extracción ata a entrega ao cliente é mínima, 3-5 kg/t.

A restauración no sector dos áridos. Laxinde aposta pola economía circular na canteira de Marcón

Laxinde (pertencente ao Grupo Construcións Ramírez) puxo en marcha un ambicioso proxecto de restauración do espazo que ocupa desde 2015, coa meta de devolverlle o seu uso previo. Trátase ao mesmo tempo, unha operación de valorización, xa que se emprega terra de escavación que sobra e que se emprega como regenerición dunha zona alterada.

A canteira de Laxinde funciona como depósito de inertes ofrecendo solucións á xestión de residuos de construción e demolición de maneira sostible, o que á súa vez permite acurtar o tempo de recheo.

O espazo mineiro está a ser ocupado por 300.000 metros cúbicos de terras limpas procedentes da construción do Hospital Gran Montecelo. O espazo de depósito atópase a escasos quilómetros da obra que está a executar a Xunta de Galicia, o que permite reducir enormemente as emisións orixinadas no transporte.