camara-minera-galicia-tierras-raras

Expertos en minaría e xeología posiciónanse a favor de la explotación de tierras raras en Galicia

A Serra do Galiñeiro (Pontevedra) alberga oito dos 27 minerais fundamentais para a UE: antimonio, barita, grafito natural, niobio, tántalo, wolframio, silicio metálico e terras raras. Estas reservas non se explotan, a pesar de ser materias primas estratéxicas na guerra comercial entre China e EEUU. Na actualidade, o xigante asiático é o encargado de explotar o 86% das terras raras usadas para abastecer á industria tecnolóxica.

Portavoces da Cámara Oficial Mineira de Galicia, da delegación en Galicia do Ilustre Colexio de Geólogos e da Escola de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo manifestaron a necesidade da explotación destes elementos no marco dunha actividade extractiva sustentable para botarlle freo á dependencia do exterior e para desenvolver unha industria que favoreza a economía galega.

Ler a noticia completa: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia-economica/2019/06/23/galicia-alberga-tierras-raras-explote/0003_201906G23P32991.htm