AGENDA
O evento terá lugar de xeito presencial o vindeiro 19 de xullo ás 10.30 horas na sede da Axencia Galega de Innovación. Na xornada participarán Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), e Fernando Guldrís, director do IGAPE, xunto con María Luisa Boquete, directora da Área de Programas de Gain e María Hortensia Méndez, técnico de Gain que resolverá dúbidas relativas a este programa de axudas.
No acto participarán tamén Eugenia Mijares e Lucía Castro como representantes de Dihgigal e DATAlife, os Hubs de Innovación Dixital impulsados pola Xunta de Galicia, que actúan como entidades colaboradoras na convocatoria.
CONECTA COVID
Conecta Covid é unha liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa covid-19 orientados ao dobre obxectivo de facer fronte a pandemia e contribuír á transición dixital das empresas, especialmente das pemes, favorecendo a recuperación económica de Galicia.
- BENEFICIARIOS
Pemes e grandes empresas tractoras
Organismos de investigación - ORZAMENTO
4 millóns de euros
A información completa do encontro e o formulario de inscrición están dispoñibles no seguinte enlace.