07 Nov España é rica en minerais estratéxicos, pero cómprallos a China
Son moitas as industrias que se viron paralizadas pola crise mundial de materias primas: a automoción, as TIC, a produción de enerxías renovables e un longo atcétera. Unha crise protagonizada pola subida dos prezos, os paróns na produción e os despedimentos, e que afecta tamén a empresas auxiliares e ao peto do consumidor final.
A dependencia en certos materiais do xigante asiático leva meses afectando á industria española, unha industria que podería empregar recursos extraídos aquí, onde contamos con 25 proxectos mineiros paralizados e con xacementos de materias primas marcadas como críticas pola Unión Europea, pero que ou ben, non se explotan ou ben, nin se chegaron a explorar.
A potencialidade de España é tan grande que o xefe de área de recursos minerais do IGME afirma que “temos indicios de que en España pode haber xacementos de 17 dos 30 minerais críticos”. O noso país é o terceiro de Europa en canto a riqueza de recursos estratéxicos e o segundo en terras raras. Con todo, Europa importa o 95% das terras raras de China.
Co fin de deter esta dependencia e estar á mercé de mercados inestables, a Unión Europea fomenta a exploración e explotación dentro do continente. Unha actividade que ademais de asegurar as cadeas de subministración, supoñería un impulso para o emprego de calidade. “Explotar as reservas de metais en España supoñería crear uns 20.000 postos de traballo e investimentos estranxeiras de ata 8.000 millóns”, afirma Vicente Gutiérrez Peinador, director xeral de CONFEDEM.