Entrevista ao Presidente da COMG en La Voz de Galici

O xornal La Voz de Galicia publicou o pasado domingo 12 de outubro unha entrevista ao presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, D. Juan de Deu Martín Aparicio. Nas súas declaracións ao xornal máis vendido en Galicia, Martín Aparicio reivindica a relevancia estratéxica de minaríaa galega e atribúe ao descoñecemento a mala imaxe social da actividade extractiva.

O presidente da Cámara destaca a regulación que existe no sector mineiro como garantía cara ao medio natural e insiste na necesidade de “desterrar ese prexuízo de que a minaría arrasa e deixa danos irreparables”. Como exemplo, sinala casos como os das Pontes ou Begonte, onde “houbo minas que hoxe son espazos naturais protexidos”.

Martín Aparicio tamén se refire aos seus obxectivos á fronte da entidade cameral, cando está a piques de facer o seu primeiro ano como presidente. Neste sentido, destacou a “posta en valor dun sector de grande importancia en Galicia”. Por iso traballan para unir o que el denomina “comunidade mineira” na que non só están as empresas, tamén “institucións, universidades e outros axentes relacionados coa actividade”, engade.

A entrevista completa, na que tamén se destaca o elevado grao de concienciación @de la Xunta e de Europa cara ao carácter estratéxico de minaríaa e repásanse diversos datos que reflicten o peso do sector en Galicia, pode consultarse na web ou ver en PDF.