Creada a Comisión de Calidade da Universidade de Vigo, na que participará a COMG

A Cámara Oficial Mineira de Galicia participará na recentemente creada Comisión de Calidade da Universidade de Vigo en representación das empresas e institucións empleadoras. O director do ente cameral, Diego López, foi nomeado representante no transcurso da sesión constituínte do novo órgano, desenvolta o pasado 3 de decembro no Reitorado de Vigo, e á que acudiron boa parte dos seus integrantes.

Nesta primeira reunión tamén se acordou a asignación de funcións ás dúas subsecciones que compoñen a Comisión de Calidade. Trátase, por unha banda, da Comisión Académica de Calidade, presidida pola vicerreitora de Organización Académica e destinada a traballar en favor da calidade nos centros, departamentos e nas titulacións de grao, máster e doutoramento.

Por outra banda, a Comisión Técnica de Calidade, presidida polo xerente, farase cargo da calidade nos servizos. As liñas de traballo para 2016 e o selo de calidade da Universidade de Vigo, xunto co seu protocolo de uso e a súa concesión aos centros e servizos certificados, foron outros asuntos aprobados durante esta sesión.

Planificar, desenvolver e avaliar

A Comisión de Calidade nace cos obxectivos de planificar, desenvolver e avaliar a calidade na docencia e na xestión, favorecendo a implantación da cultura da calidade e dos sistemas que a apoian en todos os ámbitos. Tamén supervisará a implantación e cumprimento do Sistema de Xestión de Calidade da universidade.

Presidida polo reitor, forman parte desta comisión, ademais da vicerreitora de Organización Académica e Profesorado e o xerente, o director da Escola Internacional de Doutoramento, decanos e directores de centro, e representantes de diferentes servizos, do alumnado, do persoal e de administración e servizos.

Menos trámites

Entre as razóns para poñer en marcha esta nova comisión, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Matogueira, fixo especial énfase no que denominou un “reto importante”, en referencia á necesidade de reducir todos os trámites burocráticos e administrativos que a implantación dos sistemas de calidade trouxo á universidade española e que dificultan “e ata chegan a asfixiar o traballo do día a día”, subliñou.