Conclúe o IV Congreso Nacional de Áridos

  • O pasado xoves 1 de outubro clausurouse o IV Congreso de Áridos, en Madrid, organizado pola Federación de Áridos, onde destacaron as actuacións da Asociación Galega de Áridos.
  • Entregados os Premios Nacionais de Desenvolvemento Sustentable 2015 con dúas empresas galegas galardoadas
O pasado xoves 1 de outubro clausurouse o IV Congreso Nacional de Áridos, celebrado durante dous días nun céntrico hotel de Madrid. Ao longo destes dous días celebráronse diferentes mesas redondas nas que se produciu un intercambio construtivo e moi positivo de puntos de vista, entre representantes dos fabricantes de áridos, e as administracións encabezadas polo Ministerio de Industria e as Direccións Xerais de Enerxía e Minas, e de Medio Ambiente das Comunidades Autónomas.
Por parte @de la Xunta de Galicia, tivo especial relevancia a intervención do Director Xeral de Enerxia e Minas, Don Anxo Bernardo Tahoces, quen ao longo do xoves, interveu cun relatorio sobre a “Visión do sector dos Áridos desde a administración”, dentro da mesa de debate sobre o Plan Estratéxico 2012-2025 do Sector dos Aridos.
Na cerimonia de clausura, o Sr Tahoces, fixo entrega dos Premios de Desenvolvemento Sustentable 2015 que nesta ocasión foron outorgados a dúas empresas galegas, ERIMSA, polas boas prácticas ambientais, na súa explotación LADRA de Begonte-Lugo que ademais foi designada como candidata en representación de España, para concorrer ao certame europeo que organiza a UEPG no ano 2016, e onde compiten explotacións de toda Europa, e Prebetong Aridos SLU do grupo Votorantim, a quen se lle recoñeceu o excelente traballo desenvolto nos aspectos de Seguridade e Saúde no seu centro de traballo Abilleira, en Xove.
A Federación de Aridos recibiu numerosas felicitacións dos asistentes, pola organización do Congreso cuxo resultado foi moi positivo, tanto pola calidade das mesas redondas desenvoltas como os relatorios e comunicacións técnicas presentadas. Asistiron máis de 650 congresistas, e presentáronse preto de 150 comunicacións. Os provedores habituais deste sector tamén achegaron unha contribución moi importante ocupando todo o espazo dispoñible e manifestando ao termo do mesmo que se comprometeron un número importante de operacións o que parece confirmar o avance da recuperación económica.