Cobre San Rafael destina ayudas a asocioaciones de Arzúa

Cobre San Rafael destina 25.000 euros a asociacións locais sen ánimo de lucro en Arzúa

Cobre San Rafael, empresa que promove a reactivación da produción de metais en Touro e O Pino, acaba de poñer en marcha a primeira edición do programa Terras da Xente, que achegará axudas por valor de 25.000 euros a diversas asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos con valor social na comarca de Arzúa.

Entre estas iniciativas deberán ter fins sociais, educativos, culturais, ambientais ou deportivos.

Terras da Xente é parte do programa de Responsabilidade Social da compañía, e premiará, patrocinará e colaborará con proxectos de diversa índole que redunden na mellora da calidade de vida dos cidadáns do territorio. As iniciativas deberán ter fins sociais, educativos, culturais, ambientais ou deportivos.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o 15 de febreiro e permanecerá aberto ata o 15 de marzo. A cantidade asignada a este programa distribuirase en diversos premios: un galardón de 7.000 euros para o proxecto con maior puntuación e outros 3.000 para o segundo mellor valorado. Mentres que os 15.000 euros restantes distribuiranse en axudas por importe máximo de 1.500 euros aos demais proxectos gañadores.

As iniciativas que opten ás axudas deberán desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 e cada entidade poderá presentar un único proxecto. Os proxectos serán valorados por un comité que determinará a súa adecuación aos obxectivos descritos nas bases. O acto de entrega das axudas terá lugar no mes de abril de 2022.