Aguas minerales envasadas

Augas minerais naturais galegas contra a onda de calor

Unha das principais recomendacións para facer fronte ás ondas de calor é hidratarse adecuadamente. Para iso podemos acudir á auga da billa, de fontes públicas ou ao auga embotellada.

Galicia está considerada como a terra da auga, xa que é unha das rexións de Europa con máis riqueza en canto a augas minerais e termais. Dispoñemos de máis de 300 mananciais e 10 plantas de envasado de auga mineral natural das 80 que hai en toda España.

As augas minerais naturais diferéncianse da auga da billa en que non necesitan ningún tratamento químico para o seu consumo, senón que chegan puras do manancial ao seu envase final. Estas captacións de auga teñen un perímetro de protección para garantir o control das actividades na contorna, de maneira que as plantas envasadoras contribúen á preservación da auga de Galicia, protexendo o afloramento de calquera tipo de contaminación.

Así mesmo, as augas minerais embotelladas en Galicia; como Agua Sana, Cabreiroá, Sousas, Aquabona, Fontecelta e Sanxinés teñen na súa composición minerais fundamentais para o noso organismo como son o calcio, o sodio, o potasio, o magnesio ou o litio. Por iso, ao beber auga mineral natural, non só estámonos hidratando e axudando a regular a nosa temperatura corporal, senón que estamos a achegar outros elementos esenciais para a saúde.