Balnearios en la era postCovid

Augas mineiromedicinais para abordar as secuelas postCovid

As augas mineiromedicinales utilizadas nos tratamentos de balnearios e talasos, poden axudar a mellorar ou soportar as secuelas producidas pola COVID-19: dificultades respiratorias, cansazo permanente, esgotamento para tarefas da vida diaria, perda de concentración ou dificultades motoras.

O presidente da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o doutor Juan Gestal, afirma que “os balnearios -que comezaron a abrir tras meses pechados- están nas mellores condicións para a posta en marcha de programas que axuden á recuperación de moitos dos trastornos do postCOVID, fundamentalmente os respiratorios, musculares, psicolóxicos e neurolóxicos”.

Gestal destaca que as augas sulfurosas teñen “efectos beneficiosos” e basea o seu razoamento na explicación científica: “a incorporación dos elementos minerais da auga (sulfuro de hidróxeno, carbónico, radon, iodo) provocan accións catalíticas, antitóxicas e antihistámicas”, o que en definitiva, “estimula a inmunidade e o eixo hipotálamo- hipofisario con efectos antiflamatorios” de maneira que se reduciría a dor e as inflamacións.

Estas propiedades curativas da auga non son a explicación de todo, inflúe moito o método de administración das mesmas. Segundo o catedrático “nas aplicacións tópicas predominan as accións físicas, mecánica e térmicas que facilitan a mobilidade do aparello locomotor”.

Juan Gestal adianta que a Cátedra de Hidroloxía Médica da USC está a preparar unha xornada centrada na recuperación de pacientes postCOVID, que se celebrará o próximo mes de setembro e estará centrada na rehabilitación respiratoria e os trastornos músculo- esqueléticos. A maiores, “están a valorar se incluír” os balnearios de recuperación psíquica tras a devandita doenza, debido á importancia que poden cobrar na recuperación dos hábitos saudables.

No congreso da Sociedade  Internacional de Hidrología Médica, xa se presentou a experiencia na recuperación de persoas que sufriron o virus que outros países extranxeiros acumularon ao longo dos últimos meses. O resumo das principais achegas será un dos temas a tratar na xornada prevista para finais deste verán.

Mentres tanto, os balnearios irán abrindo as súas portas ao público de forma gradual nas próximas semanas, tras meses pechados. Laias, A Toxa e o Talaso de Oia xa se atopan abertos e recomendan que se realice a reserva cunha marxe de tempo prudencial xa que o aforo está limitado.

Aínda que as persoas con secuelas postCOVID sexan os protagonistas deste post, non son as únicas que se poden beneficiar dos balnearios. Aquelas que non pasaron pola enfermidade, pero sofren cadros de ansiedade, tensión, cansazo emocional ou depresión tamén poden atopar un tratamento que se axusta ás súas necesidades nas augas mineromedicinales.

Protocolos de seguridade

O único balneario que mantivo as súas portas abertas desde xuño de 2020 foi o de Mondariz, e as súas fontes internas recalcan que “non existe evidencia algunha de que a auga sexa un medio de trasmisión do coronavirus. Ademais, coidamos as augas dunha maneira moi especial variando a capacidade das piscinas e controlando a interacción e o espazo entre as persoas”.

Juan Gestal defende que “nos balnearios existen protocolos que fan segura a súa utilización. A recomendación xeral do uso para o tratamento das secuelas postCOVD é para levala a cabo agora, cando xa a pandemia está baixo control, e cando cheguemos á nova normalidade”.

O doutor engade, á pregunta sobre a inclusión do termalismo no Sistema Nacional de Saúde -como xa fan outros países-, que se trata dunha “obxectivo importante” para que a Cátedra poida “incorporar algún dos tratamentos balnearios en determinadas patoloxías dos que existe evidencia científica”.

Con todo, para lograr esta finalidade, Gestal propón aos balnearios especializarse en ofrecer este tipo de tratamentos e afirma que “a súa inclusión sería moi beneficiosa tanto para a saúde como para a economía. Permitiría aproveitar un recurso que axudaría ao desenvolvemento económico do rural galego”. Engade, ademais, que non sería necesario un gran investimento para conseguilo.

Por último, o catedrático lembra que Javier Jorge, xefe do servizo de Rehabilitación do Hospital Clínico Universitario de Santiago ata a súa xubilación, propuxo proceder á rehabilitación en balnearios de pacientes con danos cerebrais ou párkinson.