Aprobadas inicialmente as Directrices de Ordenación do Territorio e aberto o prazo de audiencia

Prazo de información pública: 30 de xuño ao 1 de setembro de 2010

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación inicial das Directrices de Ordenación do Territorio ( DOT) e procede á apertura dun prazo de audiencia pública de dous meses, nos que as administracións e entidades públicas e privadas poderán expoñer as súas observacións e suxestións ao proxecto que estará en exposición pública.

Unha das principais novidades do documento que se presenta hoxe fronte aos documentos anteriores reside en facer máis explícita e necesaria a cooperación e colaboración con outras administracións, e moi especialmente cos concellos. Con esta nova tipoloxía independízase a planificación das rexións e áreas urbanas da organización política e dos entes administrativos metropolitanos.

Tras a análise de alegacións, ultimarase o documento para a súa aprobación provisional e a continuación remitirase ao órgano ambiental para que elabore a memoria ambiental no prazo de tres meses.

As Directrices de Ordenación aprobaranse provisionalmente con anterioridade á aprobación do Plan de Ordenación do Litoral. Máis información en: Consellería de Medio Ambiente > sustentabilidade e paisaxe > ordenación territorial Outros > lexislación/normativa