Fondo transición justa

Aínda se poden presentar as manifestacións de interese de proxectos tractores para territorios da transición xusta

O pasado 2 de xuño publicouse no DOG a resolución pola que se convida ás grandes empresas a presentar manifestacións de interese para a realización de proxectos tractores nos territorios de transición xusta de Galicia.

O Fondo de Transición Xusta (FTX) é un novo instrumento, no marco da política de cohesión para o período 2021-2027, que nace co obxectivo de mitigar os efectos negativos da transición climática, prestando apoio aos territorios prexudicados e aos traballadores afectados, promovendo unha transición socioeconómica equilibrada.

En consonancia con este obxectivo, as accións que reciban os fondos deben contribuír a afrontar as repercusións sociais, laborais e económicas dentro do marco da transición cara ás metas da UE para 2030 en materia de enerxía e clima e unha economía climáticamente neutra de aquí a 2050, aliñada co Acordo de París.

O Consello Europeo estableceu que a distribución dos recursos financeiros débese centrar nos territorios máis prexudicados polo proceso de transición climática. No territorio nacional, identificáronse oito provincias como consecuencia do desmantelamento de centrais térmicas de carbón, entre elas, a provincia da Coruña.

Neste marco, a Xunta de Galicia, identificará grandes proxectos tractores que impulsen o reforzo de iniciativas empresariais de pequenas e medianas empresas que, conxuntamente, conformen un plan de desenvolvemento territorial sostible e garante do mantemento do emprego nestes territorios.

Os investimentos produtivos en grandes empresas só poderán ser cofinanciados cos FTX se se cumpren as seguintes condicións:

• Son necesarias para a execución do Plan de transición xusta

• Contribúen á transición dunha economía da UE climáticamente neutra para 2050 e a lograr obxectivos ambientais

• Demóstrase que, se falta o investimento, as perdas esperadas de postos de traballo superarían o número previsto de postos de traballo creados (creación de emprego neto)

As manifestacións de interese recibidas serán analizadas, avaliando a súa viabilidade e compatibilidade coa normativa de axudas de Estado e co Regulamento FTX, pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), organismos dependentes da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, conxuntamente co Instituto para a Transición Xusta, O.A., estudará as manifestacións de interese recibidas.

Para grandes empresas a intensidade máxima de axuda de finalidade rexional na provincia da Coruña será do 15 %, e poderá concederse no caso de:

1.Investimentos iniciais en favor dunha nova actividade económica, entendendo por tales:

a) O investimento en activos materiais e inmateriais relacionado coa creación dun novo establecemento, ou a diversificación da actividade dun establecemento, coa condición de que non sexa unha actividade idéntica ou similar á realizada anteriormente no establecemento.

b) A adquisición de activos pertencentes a un establecemento que pechou ou que pecharía se non fose adquirido e que é comprado por un investidor non vinculado ao vendedor, coa condición de que a nova actividade que se vaia a realizar non sexa similar á anterior.

2.Investimentos iniciais consistentes en investimentos en activos materiais e inmateriais para a diversificación da produción dun establecemento para fabricar produtos que antes non se producían nel ou para introducir un cambio fundamental no proceso de produción global do produto.

b. Axudas para a protección do ambiente.

Investimentos para a xestión e valorización de residuos, así como a promoción da enerxía procedente de fontes renovables, de acordo co previsto no RGEC.

PRAZO

O prazo para que as grandes empresas poidan entregar as súas propostas de proxectos tractores finalizará o 23 de xuño de 2022.

As grandes empresas interesadas deberán cubrir enviar as manifestacións de interese telemáticamente ao Igape mediante un dos seguintes procedementos:

– https://sede.xunta. gal (servizo PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado).

– http://tramita.igape.es (procedemento PE001.2017.1-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado).