Ayudas para fomentar la sostenibilidad en el sector minero

A Xunta de Galicia convoca as axudas para o fomento da sustentabilidade nas empresas do sector mineiro

A Vicepresidencia Segunda da Xunta de Galicia e Consellería de Economía, Empresa e Innovación acaba de lanzar a convocatoria de axudas para o fomento da sustentabilidade no sector mineiro para 2022.

No DOG pódese consultar xa a Orde do 25 de xaneiro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento da sustentabilidade no desenvolvemento da actividade industrial dos recursos naturais en Galicia.

Estas axudas están destinadas a empresas privadas e teñen réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IN308D), cun crédito consignado de 2.400.000 €.

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, e abrirase o próximo 4 de marzo (o décimo quinto día hábil posterior á publicación da orde no DOG) e finalizará no mes de ven­cimento o día ordinal anterior ao día en que comezou o prazo.

Liñas de axuda

Liña 1. Investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico da zona afectada pola actividade mineira, en especial mediante a redución das emisións de po e ruído.

Liña 2. Investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, en especial a redu­cción da exposición ao po e ao ruído das persoas traballadoras nos seus postos de traballo nas explotacións mineiras.

Liña 3. Investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, especificamente a redución da exposición ao po das persoas traballadoras nos seus postos de traballo nos centros de traballo de elaboración de rocha ornamental.

Liña 4. Investimentos destinados á adquisición de equipamentos de eficiencia enerxética nas empresas que se dediquen ao envasado das augas minerais naturais, así como para empresas de explotación de balnearios.

Liña 5. Investimentos destinados aos procesos de implantación e certificación das normas ­UNE 22480:2019 «Sistema de xestión mineira sostible. Requisitos» e UNE 22470:2019 «Sistema de xestión mineiro-mineralúrgica-metalúrxica sostible. Indicadores», as cales acreditan a implantación dun sistema de xestión mineira sostible nas empresas do sector mineiro.

A intensidade máxima das axudas, oscilarán dependendo das actuacións e tamaño de empresa, entre o 30 % e o 60% do investimento.

O prazo máximo para a resolución do procedemento e a súa notificación será de 5 meses contados desde o día seguinte á publicación da orde de axudas no Diario Oficial de Galicia.

Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN308D, poderase obter in­formación adicional na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da vicepresidencia segunda da Xunta de Galicia

b) Os teléfonos da dirección xeral: 981 95 70 92, 981 95 70 90 ou 981 54 55 88.

c) Na guía en liña de procedementos e servizos da Xunta