A Unión Europea aposta pola produción propia de materias primas

A Unión Europea ha levado a cabo unha campaña a favor da concienciación da relevancia das materias primas para o desenvolvemento dun país. A través dun vídeo dirixido especialmente aos máis novos, Europa aposta pola produción propia de recursos minerais, tanto pola necesidade destes materiais como pola oportunidade de emprego que representa para a mocidade.

Coa lenda Materias primas: o ingrediente do que están feitos os soños, o vídeo converte unha rutineira clase de ciencias nunha viaxe polas posibilidades de traballo e desenvolvemento que ofrecen a investigación e a explotación dos recursos minerais.

A iniciativa, desenvolta coa colaboración do Museo de Ciencias Naturais de Bélxica, enmárcase nos obxectivos da Unión Europea de reducir a dependencia da importación de materias primas, promover a produción e exportación e situar Europa á vangarda do sector. Neste sentido, insístese en que os recursos minerais son vitais para a fabricación de produtos innovadores e que repercuten na capacidade competitiva de Europa, xa que deles dependen uns 30 millóns de empregos.

A Cámara Oficial Mineira de Galicia súmase a esta campaña coa divulgación do vídeo, que se mostra a continuación. Para a entidade, é fundamental que a sociedade tome conciencia de que o seu futuro, do mesmo xeito que aconteceu no pasado e segue acontecendo no presente, tamén depende de minaría.