Webinar oipe

A OIPE organiza un seminario online sobre a constitución exitosa de consorcios en proxectos europeos de I+D+i

A Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE), da man da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), organiza o 25 de xuño ás 10:30 h. a xornada informativa “Construíndo Xuntos: Estratexias para a Constitución Exitosa de Consorcios en Proxectos Europeos”. Este webinar abordará os aspectos máis relevantes da búsqueda e formación de consorcios na captación de financiación europea para iniciativas no eido da I+D+i.

A dinámica da xornada será unha mesa redonda na que contaremos coa participación dun axente clave no desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación tecnolóxica: o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial – CETIM, unha entidade galega con ampla experiencia no ámbito.

Durante o webinar, mediante a abordaxe dun caso de éxito na captación e xestión de fondos europeos en proxectos de investigación, innovación e desenvolvemento tecnolóxico, trataranse os seguintes puntos para a constitución exitosa de consorcios en candidaturas europeas no eido da I+D+i:

1. Importancia dos consorcios.

2. Identificación de socios potenciais.

3. Roles e responsabilidades.

4. Estratexias de colaboración e elaboración da proposta conxunta.

5. Negociación e acordos de colaboración.

A xornada concluirá cunha rolda de preguntas na que participarán tanto os asistentes como os membros da mesa. Podes consultar o programa do seminario online na seguinte ligazón.

Se desexas asistir, accede ao formulario de inscrición na seguinte ligazón ou escaneando o seguinte QR:

Qr

Confirmaremos a túa inscrición o antes posible a través do correo facilitado e recibirás a información de acceso á xornada nos días previos.