meirama-referente-minero

A minaría galega e o seu papel na descarbonización

A Cámara Oficial Mineira de Galicia está a dar os primeiros pasos nun innovador proxecto de absorción de CO2. Un dos principais puntos desta proposta é a utilización de restauracións mineiras como sumidoiros de carbono. As restauracións mineiras baséanse na recuperación ecolóxica do espazo e no desenvolvemento de oportunidades para grupos de interese e necesidades concretas. No caso das restauracións mineiras vencelladas á descarbonización da contorna, trátase de aproveitar masas forestais, reconstrución de chans e a auga de lagoas mineiras como sumidoiros de dióxido de carbono. Para levar a cabo esta iniciativa, identificaranse e certificaranse os proxectos individuais, e se transaccionarán con empresas galegas que necesiten compensar a súa pegada de carbono. Equilibrando desta maneira o coidado do medioambiente e desenvolvemento da industria. A COMG actuará como incentivador de proxectos, de auditor e de posibilitador de transaccións. A entidade ten un dobre obxectivo: incentivar as restauracións mineiras e axudar ao tecido industrial galego ao fixar prezos e comisións inferiores ás que marcan os mercados nacionais e internacionais actuais. Así mesmo, a COMG está a estudar o uso de materiais mineiros na absorción da pegada de carbono, por exemplo, mediante áridos con esta capacidade para o seu uso en estradas. Ademais, xa puxo en marcha o primeiro proxecto de innovación e investigación cos materiais minerais localizados para a Materioteca de Galicia: a reutilización de estériles para un proxecto de absorción de carbono en obra civil.