COMG-CETIM

A COMG e o CETIM desenvolverán proxectos de maneira conxunta

O pasado 29 de outubro, Miguel Ángel Fortúnez, director da Cámara Oficial Mineira de Galicia, e Juan José López, vicepresidente da entidade; reuníronse cos membros do CETIM para atopar novos puntos de colaboración enmarcados dentro do convenio asinado entre ambos organismos.

Durante a cita, puxéronse en común ideas para crear sinerxias e levar a cabo actuacións en conxunto. Entre as iniciativas expostas destacan puntos coma recuperación de vertedoiros, a trazabilidad dos recursos e a captación de fondos europeos destinados a innovación para o próximo ano.

Trátase dun primeiro paso cara ao desenvolvemento de proxectos conxuntos encamiñados á economía circular, a dixitalización e a aposta por unha industria extractiva responsable.