Gain materiales innovadores

A COMG e GAIN seguen dando pasos para poñer en valor as materias primas minerais de Galicia

Os representantes da Cámara Oficial Mineira de Galicia e a Axencia Galega de Innovación, que desde hai un ano forma parte do Comité de Innovación e Sustentabilidade da entidade, continúan buscando novas vías de colaboración onde conflúan innovación e materiais estratéxicos.

O principal fito resultante deste convenio de colaboración será o ‘Catálogo de materias primas de Galicia’, un proxecto destinado a catalogar e promocionar os recursos minerais dos que dispoñemos en territorio galego. Este catálogo será o xerme de futuros proxectos de I+D+i para aumentar a cadea de valor en Galicia.

Esta iniciativa incluirase dentro da Materioteca de Galicia, unha exposición e arquivo de materiais que buscan estimular a innovación intersectorial a través de materiais dirixidos a desenvolver produtos e solucións de alto valor engadido atopar os recursos e servizos necesarios para sacar todo o partido aos novos materiais en proxectos de economía circular, industria 4.0, transformación dixital e todo tipo de iniciativas innovadoras dirixidas a desenvolver produtos e solucións de alto valor engadido.

A colaboración entre ambas as entidades ademais poñerá o foco en investigar se hai presenza de materias primas críticas ou terras raras entre os entullos das explotacións activas, apostando así pola economía circular á vez que se dá resposta á demanda do mercado.

A directora de GAIN, Patricia Argerey, tamén participou recentemente nunha das mesas redondas do evento ‘Minerais Estratéxicos para a Industria Galega’, resaltando o compromiso da Axencia Galega de Innovación coa minería sostible de Galicia e todos aqueles proxectos que somen en canto a innovación creación de valor.