26 Mar A Asemblea Ordinaria da COMG celebrarase o 18 de abril en Santiago de Compostela
A Asemblea en sesión ordinaria anual da Cámara Oficial Mineira de Galicia terá lugar o xoves 18 de abril, de forma presencial, no auditorio de FEUGA (Rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15705, Santiago de Compostela). Para a apertura da Asemblea, contaremos coa presenza de representantes da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia.
O encontro comezará ás 10:00h, en primeira convocatoria, e ás 10:30h, en segunda convocatoria. Tras unha pausa para tomar un café ás 12:00h, retomarase a Asemblea para acoller a xornada técnica “Últimas novidades normativas en materia de minas. Participación do Ministerio”, da man de Ismael Guarner Peralta, subdirector adxunto de Minas da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
O peche da Asemblea corresponderá á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia.
Debido ao limitado número de prazas, é obrigatorio confirmar asistencia previamente enviando un correo electrónico a cmg@camaraminera.org. O prazo para inscribirse finaliza o luns 15 de abril.
Podes consultar o programa da Asemblea Ordinaria na seguinte ligazón. A Orde do Día e toda a información sobre o encontro está dispoñible na páxina web da COMG.