31 Out Manuel Reguerio presentou ‘O Tesouro de Brando’ en Vigo
A pasada semana, o presidente do Colexio de Xeólogos de España, Manuel Regueiro presentou ‘O Tesouro de Brando’ no Club FARO en Vigo, unha novela que se ofrece no mesmo volume en castelán e galego.
A historia que Regueiro conta na súa novela é a das persoas que habitaron a ría de Corme e Laxe hai 4.000 anos. Unha novela histórica baseada nos restos achados na zona, como grabados e petróglifos e cuxa protagonista é unha arqueóloga moderna que estuda estas pegadas.
Ademais de coñecer mellor a paisaxe galega daquela época, danse teorías sobre o significado dos petróglifos, unha linguaxe especial que falaban os primitivos poboadores da terra galega. Onde ocultaban infinidade de segredos que son clave no final da novela.
Manuel Regueiro foi presentado polo director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, Juan Ramón Vidal Romaní. Ambos falaron do pasado xeolóxico da zona de Vigo, unha historia que se pode reconstruír grazas ao traballo dos xeólogos e arqueólogos.
A conferencia foi un percorrido a través da xeografía galega e algúns dos seus segredos, con datos que espertaron o interese do público, coma a duna máis alta de Europa localízase en Galicia, no Monte Branco de Ponteceso (A Coruña).
Fonte imaxe: Faro de Vigo