29 Out Presentación do libro Balnearios de Galicia
O pasado mércores 28 de outubro tivo lugar a presentación do libro da Cátedra de Hidroloxía Médica, Os Balnearios de Galicia. Será distribuído en 1.120 centros educativos galegos, dirixido aos alumnos de últimos cursos de Primaria e os primeiros da ESO.
O libro Os Balnearios de Galicia conta a historia da riqueza termal galega. Galicia e as súas augas teñen unha historia, unha traxectoria e mesmo unha identidade común. Posto que a rexión ten máis de 300 mananciais e 21 balnearios dos que só se explota unha décima parte e posúe todo tipo de augas mineromedicinales.
Nos últimos anos, recuperouse a importancia do termalismo na medicina. Trátase dun factor co-contribuínte na prevención, tratamento e rehabilitación de procesos patolóxicos, patoloxías respiratorias, enfermidades progresivas ou envellecemento da poboación.
A auga é o epicentro da xeografía galega, por iso a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional apoia a introdución deste libro á guía docente dos últimos cursos de Primaria e os primeiros da ESO. Así, estes alumnos, coñecerán a historia termal galega.
O libro divídese en cinco temas:
- O ciclo da auga na natureza
- Augas mineromedicinais
- Balneoterapia vs hidroterapia
- Balnearios
- Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia
A publicación deste e outros libros relacionados co termalismo serven para dar a coñecer a riqueza termal que posúe a rexión e aumentar o coñecemento dos alumnos e alumnas sobre isto para que poidan ser mensaxeiros na súa casa sobre os beneficios deste sector.