14 Xul A USC e a Fundación Inade lanzan unha enquisa de xestión de riscos no sector empresarial galego
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Fundación Inade, coa colaboración da Xunta de Galicia, a través do Igape e ao amparo do convenio marco coa USC, están a elaborar un informe sobre a xestión dos riscos no sector empresarial galego. Para contribuír á toma de datos, os promotores da investigación convidan ás empresas galegas a realizar unha enquisa.
Este estudo dará continuidade ao feito en 2015 e pretende ser unha ferramenta útil para avaliar a situación xeral, os riscos aos que se expoñen en maior medida as empresas e a capacidade do sector para afrontalos nun momento no que as empresas sofren o impacto dunha pandemia e están expostas a novos riscos emerxentes.
Os resultados da enquisa proporcionarán ás propias empresas e demais axentes económicos referencias para deseñar estratexias e políticas que permitan reducir o impacto dos riscos.
A información será tratada con confidencialidade e o traballo final só recollerá información agregada das empresas participantes no estudo.
Participa na enquisa: https://form.jotformeu.com/91707238329361