geoparque-cabo-ortegal

Cabo Ortegal presentará o seu proxecto como Xeoparque na FITUR

As comarcas de Ferrol e Ortegal teñen un patrimonio xeolóxico moi especial e único que neste momento se atopa nun proceso de candidatura para convertirse en Xeoparque, a prestixiosa denominación internacional da UNESCO.

A Sociedade Xeolóxica de España realizou numerosos estudos sobre o complexo de Cabo Ortegal, un patrimonio xeolóxico e pasaxístico recoñecido ademais polo campo científico internacional.

Neste contexto, a comunidade intermunicipal encargada do proxecto de xeoparque Cabo Ortegal, integrada polos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño e a Deputación da Coruña avanza cada día en novas accións para a súa promoción, entre as máis destacadas está a posta en marcha da páxina web do proxecto proxecto.xeoparquecaboortegal.gal que será unha das apostas principais ao presentar o proxecto na próxima feira do sector turístico FITUR que terá lugar en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro

Ademais, mostrarase un gran vídeo promocional da Mancomunidade de Concellos da Comaraca de Ferrol.

Os  Xeoparques Mundiais da UNESCO teñen o obxecto de amosar a conservación e divulgación das áreas territoriais que teñen na súa posesión un patrimonio xeolóxico único e cunha gran riqueza etnográfica, ecolóxica e cultural. Como obxectivo plantéase que esta atribución de “marca consagrada” sirva para educar, difundir e cohesionar sobre a sociedade local sobre o valor científico do territorio; que poida ofrecer unha experiencia turística inesquecible; e amosar unha clara conservación do patrimonio e que o turismo se atope en continuo desenvolvemento.

Tampouco se pode esquecer que algúns dos terreos que forman o complexo de Cabo Ortegal como San Sadurniño, Moeche e Cerdido teñen unha tradición mineira, con antigas explotacións como as de Piquito e a Barqueira.

Actualmente hai 147 xeoparques repartidos por 41 países do mundo, entre os que 13 pertencen ao territorio español, quedando segundos no ranking despois da potencia mundial China.

O Xeoparque Montañas do Courel tamén estará presente en FITUR

O territorio Montañas do Courel está formado polos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, sendo o primeiro xeoparque de Galicia protexido pola Unesco, desde abril de 2019.

As Montañas do Courel son sinónimo en Galicia de natureza e cultura tradicional, dun modo de vida adaptado ao medio e centrado na súa defensa e uso responsable.

Como primeiro xeoparque en Galicia, este evento non podía faltar nesta cita. E o fará en dúas xornmadas diferentes, por unha parte o día 23 no pabellón de Galicia divulgará os seus principais valores mediante imaxes e materiais informativos.

E por outro lado, a asociación Montañas de Courel tamén contará cun espazo no pabellón dedicado aos Xeoparques da UNESCO, participando ao igual que outros nunhas xornadas moi nutritivas en canto a natureza, xeoloxía e turismo.