COP25Madrid

PRIMIGEA, COMINROC E CONFEDEM organizan unha xornada informativa enmarcada no cumio climático 2019

O vindeiro sábado 7 de decembro celebrarase a Xornada informativa Quarries & Mines 4 (Canteiras e Minas para o Clima) no marco da COP25 (Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático 2019).

PRIMIGEA, a Confederación de Industrias Extractivas de Rochas e Minerais Industriais (COMINROC) e a Confederación Nacional de Empresarios da Minaría e Metalúrxica (CONFEDEM); aglutinados baixo o nome “Actores polo clima”, serán os organizadores desta xornada.

Esta xuntanza gratuíta permitirá presentar a contribución esencial da industria mineira á loita contra o cambio climático, como provedora das materias primas das rochas e minerais indispensables para o desenvolvemento económico, para a calidade de vida dos cidadáns, para a transición enerxética, así como para a prevención do cambio climático e os seus efectos negativos.

Explicarase a necesidade de continuar producindo materias primas dun xeito sostible e as numerosas formas polas que esta industria contribúe á loita contra o cambio climático, para lograr un planeta neutro en carbono e resistente ao clima en 2050. Un enfoque internacional permitirá explicar ao público esta contribución, tan descoñecida como importante, para lograr alcanzar os obxectivos de descarbonización fixados.

Os organizadores da COP25 seleccionaron, entre outras, esta iniciativa, entre as máis de 1.500 solicitudes presentadas, o que o converte nunha oportunidade para a industria da extracción de rochas e minerais, para explicar a súa contribución esencial no marco deste Cumio de relevancia mundial.

Máis información:

  • Lugar: Zona Verde – Espazo de diálogo (pavillón sur, andar -1) – IFEMA Feria de Madrid.
  • Hora: 17:15 – 18:00
  • Inscricións:

https://seguro.ifema.es/ControlUsuarios/login.htm?idioma=es&url=REGN_ES_CGPRI19&_ga=2.88254107.1443563810.1575059122-1762708642.1575059122