industria-4.0-premios-granito

Cinco empresas do Clúster do Granito implementarán 1 M de euros en proyectos de Industria 4.0

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria,
acaba de aprobar axudas por valor de máis de 3,1 millóns de euros para impulsar
50 iniciativas empresariais no ámbito 4.0, mediante proxectos demostrativos
de pemes –coordinados a maioría a través das asociacións sectoriais da
automoción, agroalimentación, aeronáutica, granito, madeira e naval– e nos que
está previsto mobilizar un investimento final de 9,5 millóns en Galicia.

Cinco empresas (Grupo Ingemar, Granitos do Verdugo, Dolmen Granitos e
Marmoles, PCM-Granitos Moldurados e Lemmar Granite) pertencentes á Agrupación industrial
do Granito implementarán proxectos de Industria 4.0. dentro do proxecto ‘ Stein
Technologie’, liderada polo Clúster do Granito e co apoio científico do
Centro Tecnolóxico do Granito. Para iso invertirán, de maneira global, 1 millón de euros
e recibirán axudas públicas por valor de 283.000 euros.

Segundo a información da Xunta, “o proxecto Stein Technologie está orientado ao
deseño de novos produtos, desenvolvemento de novos sistemas de produción e
xestión, ensaiando fórmulas no ámbito da extracción, transformación e
colocación do granito, en particular, e da pedra natural en xeral. Búscase
implementar melloras tecnolóxicas e innovadoras para facer fronte á
competencia dos mercados exteriores”.