Logo GAIN

A COMG reúnese con Gain para dar os primeiros pasos no catálogo de materias primas de Galicia

Esta semana, o presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Juan José López e a directora da entidade, Arantxa Prado; reuníronse coas responsables da Axencia Galega de Innovación (Gain).

O obxectivo da cita foi atopar novas vías de colaboración coa axencia pública, que desde 2021 forma parte do Comité de Innovación e Sustentabilidade da COMG.

A directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia reuniuse coa directora da Axencia, Patricia Argerey; coa directora da área de Programas de Innovación, Sabela Pardo; e coa directora da área de Servizos, Patricia Fernández.

O motivo central da reunión foi o futuro ‘Catálogo de materias primas de Galicia’, un proxecto destinado a catalogar e promocionar os recursos minerais dos que dispomos en territorio galego. Este catálogo será o xerme de futuros proxectos de I+D+i para aumentar a cadea de valor en Galicia. Iniciativa que viría ampliar a Materioteca de Galicia, unha exposición e arquivo de materiais que buscan estimular a innovación intersectorial a través de materiais dirixidos a desenvolver produtos e solucións de alto valor engadido atopar os recursos e servizos necesarios para sacar todo o partido aos novos materiais en proxectos de economía circular, industria 4.0, transformación dixital e todo tipo de iniciativas innovadoras dirixidas a desenvolver produtos e solucións de alto valor engadido.

Outro dos puntos tocados durante o encontro, foi o de achegar as subvencións ofrecidas por Gain ao sector mineiro, xa que innovación é sinónimo de sustentabilidade.